Thursday 25 de April de 2024

O polivalente de Brión acollerá mañá sábado a obra “Noiteboa”, unha traxicomedia con Ernesto Chao, Mela Casal e Guillermo Carbajo


O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado 19 de novembro, ás 20:30 horas, a representación de “Noiteboa”, un espectáculo de Redrum Teatro dirixido por Álex Sampayo e protagonizado polos actores Ernesto Chao, Mela Casal e Guillermo Carbajo. Unha traxicomedia premiada co María Casares á mellor actriz protagonista (Mela Casal) e nominada nas categorías mellor director e mellor texto orixinal. Está dirixida a maiores de 7 anos e a entrada será libre e de balde ata completar aforo.

“Noiteboa” é unha traxicomedia que transcorre durante a noite do 24 de decembro e no marco do roubo do neno Xesús na praza do Obradoiro. Nese escenario, a protagonista tratará de organizar unha tradicional cea familiar, un encontro onde priman as apariencias e o máis inesperado pode volverse realidade.

“Noiteboa” é a sexta produción de Redrum Teatro e foi producida co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais, co apoio do Concello de Teo. A obra está incluída no “Outono Cultural”, programa organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Deputación da Coruña.